• Novas
  • 03 de noviembre de 2021

Cinco persoas inseridas tras finalizar un curso de expendedor de combustible impartido por COGAMI en Vigo

Cinco persoas inseridas tras finalizar un curso de expendedor de combustible impartido por COGAMI en Vigo

Logran unha oportunidade laboral cinco das catorce persoas que remataron a formación de Expedición de gasolina e manipulación de alimentos en Vigo, das que catro foron contratadas polas gasolineiras nas que realizaron as prácticas formativas.

Esta formación, financiada pola Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE), está enmarcada dentro do programa Máis Emprego, programa que ten por obxectivo o acceso ao mercado laboral por vez primeira e tamén a reciclaxe profesional. 

COGAMI iniciou o programa Máis Emprego na provincia de Pontevedra en 2017, tendo por finalidade mellorar a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade e/ou incapacidade laboral en situación ou risco de exclusión, promovendo a activación para a busca de emprego e o trazado de itinerarios integrados e personalizados de cara á inserción laboral.

Durante este 2021, foron 139 as persoas atendidas a través deste programa, 63 mulleres e 76 homes, coas que se está traballando na súa inserción sociolaboral, capacitándoas para a busca de emprego a través do trazado de itinerarios integrados e personalizados, como xa se fixo coas 399 persoas que pasaron por Máis Emprego, das que o 52% logrou a inserción laboral.