• Novas
  • 20 de diciembre de 2019

Cincuenta persoas participan nun programa de intervención social desenvolvido por COGAMI cos fondos do 0,7% do IRPF

Cincuenta persoas participan nun programa de intervención social desenvolvido por COGAMI cos fondos do 0,7% do IRPF


COGAMI desenvolveu durante 2019 un programa de Intervención Social con Acompañamento do que se beneficiaron un total de 50 persoas con discapacidade, estando moitas delas en situación de emerxencia social, sendo persoas con discapacidade en situación de especial vulnerabilidade, con  multiplicidade de factores de exclusión social, en situación de desemprego ou con maiores dificultades de inserción.

Financiado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF daquelas persoas contribuíntes que marcaron o recadro de Actividades de Interese Social, este programa está dirixido a mellorar a calidade de vida e a autonomía persoal e inclusión social das persoas con discapacidade.

No Programa de Intervención Social con Acompañamento desenvolvéronse actuacións de promoción da autonomía persoal consistentes no desenvolvemento de itinerarios personalizados. Para isto, utilizaron unha metodoloxía centrada na persoa, iniciando coa análise de necesidades, realizando as intervencións cun enfoque comunitario incidindo no propio entorno natural das persoas.

A finalidade foi promover o desenvolvemento máximo das capacidades de cada unha das cincuenta persoas participantes, para mellorar a súa autonomía persoal a través do desenvolvemento de itinerarios personalizados de intervención social con persoas con discapacidade en situación de especial vulnerabilidade.

O programa de Intervención Social con Acompañamento contou cun equipo formado por seis traballadoras sociais localizadas nas instalacións que COGAMI ten abertas en A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo e Lugo.