• Novas
  • 16 de marzo de 2023

COCEMFE abre campaña de vacacións accesibles cunha oferta que supera as 1.800 prazas

COCEMFE abre campaña de vacacións accesibles cunha oferta que supera as 1.800 prazas

A Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) pon en marcha o seu programa de vacacións para este ano. Con data de inicio en febreiro e de remate en outubro, ofrece unha programación dirixida a 1.800 persoas con discapacidade e acompañantes.

Unha oferta de corenta quendas inclúe destinos de praia, illas e balnearios nos que se poderá gozar de excursións, actividades culturais e naturais como unha visita a Ceuta ou ao municipio de Santa Susana, destinos que volven ao programa de vacacións por seren dos máis valorados entre participantes.

Para poder reservar unha praza neste programa que ofrece COCEMFE, da que forma parte COGAMI, é necesario ter o certificado de discapacidade. Toda a información sobre destinos, datas, quendas e documentación precisa pode atoparse neste enderezo https://www.cocemfe.es/que-hacemos/turismo-accesible/