Dende o 6 de agosto xa é posible mercar en calquera centro comercial Carrefour un conto solidario cuxo importe irá destinado a colaborar na mellora da calidade de vida de máis de 2.000 nenas e nenos con discapacidade física e orgánica.
Esta iniciativa, chamada Contos Solidario, que desenvolve a Fundación Solidaridad Carrefour en colaboración con Disney, permitiralle á Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE), da que COGAMI forma parte, adquirir vehículos adaptados e equipamento técnico para a creación de aulas de estimulación multisensorial a favor destes menores, que contarán cunha atención personalizada e axustada ás súas necesidades.
A colección exclusiva de contos clásicos Disney comprende 30 títulos que poderán adquirirse ao prezo de 2,5 euros cada un, sendo 1,25 euros por unidade vendida destinados a financiar dicho equipamento.