• Novas
  • 28 de febrero de 2018

COGAMI achega a discapacidade ao alumnado do colexio Feijóo-Zorelle de Ourense


Unha Traballadora Social de COGAMI acompañada de membros de Discafis COGAMI desprazáronse ata o colexio Feijóo-Zorelle de Ourense para achegar a discapacidade ao alumnado dos cursos de 6º de primaria, que asisitiron a unhas charlas de sensibilización a través das que se pretende explicar que é a discapacidade, as tipoloxías que hai e como se debe tratar a unha persoa que ten discapacidade.

Ademais, tras finalizar esta charla, o alumnado tivo a oportunidade de poñerse no lugar dunha persoa con mobilidade reducida mediante  dinámicas de grupo, nas que puideron experimentar o desprazamento a través dunha cadeira de rodas ou tamén como se pode camiñar cos ollos tapados. Con estas actividades, que están incluídas no programa Ponte no meu lugar, inténtase que os menores poidan apreciar a importancia da accesibilidade e a normalización das capacidade e potencialidades das persoas.

É a primeira vez que COGAMI se despraza ata este centro ourensá para impartir charlas de sensibilización entre o alumnado, coas que se pretende tratar de concienciar sobre a diversidade que existe na sociedade, de que todas as persoas somos diferentes e de que todas temos capacidades.