As restricións impostas para previr o COVID-19 deron lugar a que nesta ocasión o convenio asinado entre o concello de Narón e máis COGAMI non fora de xeito presencial, para evitar aglomeracións de persoas.
COGAMI foi unha das entidades sociais de Ferrolterra que asinou un convenio de colaboración co concello de Narón a través do cal se vai manter un servizo para dar resposta ás demandas de atención especializada a persoas con discapacidade da cidade, con especial atención ao colectivo de risco (desempregados, persoas con baixos recursos, persoas que viviron situacións de abusos, desemprego, baixos recursos, illamento social…).
O obxectivo é desenvolver un programa de atención a persoas con discapacidade, no que se vai ofrecer información e asesoramento individualizado a cada persoa con
discapacidade que se poña en contacto co servizo sobre dereitos, recursos existentes, axudas, medidas de conciliación, mellora das habilidades para mellorar os índices de participación social e de actividade, participación social...
Realizarase intervención social encamiñada a mellorar a participación social da persoa beneficiaria, e/ou seu desenvolvemento autónomo, e/ou as súas posibilidades de inserción laboral a través da promoción da busca de emprego e da mellora das habilidades transversais para o emprego, e/ou a intervención social ante situacións de risco e/ou violencia.
Este convenio englobará actividades desenvolvidas dende o 1 ata o 31 de decembro.