O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, asistiu á presentación do Plan de humanización na atención a lesionados medulares da área sanitaria que se celebrou no hospital de A Coruña, un plan que segundo definiu o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña “é froito do esforzo e dedicación de profesionais comprometidos cos pacientes e as súas familias”.
Neste acto presentouse un manual de boas prácticas de Humanización en Lesión Medular, no que participaron profesionais do centro sanitario coruñés pertencente á rede do Sergas, e que conta co aval de entidades representativas da discapacidade física, entre elas COGAMI.
O Conselleiro resaltou a colaboración do movemento asociativo, destacando a colaboración da nosa Organización, durante a elaboración deste manual que contempla nove liñas estratéxicas enfocadas ao benestar do paciente e seus familiares, así como ao apoio e integración da familia ao equipo de coidados, ademais de ao fomento de espazos humanizados.