Representantes de COGAMI, Federación ASPACE Galicia, Federación AUTISMO Galicia e FEGADACE mantiveron unha xuntanza co director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, para presentarlle o proxecto Rumbo co fin de valorar vías de colaboración para desenvolvelo en Galicia.
Este proxecto Rumbo nace trala agrupación de 5 entidades representativas do ámbito da discapacidade en España: COCEMFE, Confederación ASPACE, Confederación AUTISMO España, FEDACE e PREDIF, co fin de levar a cabo un modelo de apoio á autonomía persoal e ao coidado de persoas con discapacidade, principalmente aquelas con maiores necesidades de apoio.
Esta iniciativa, que xorde a través dunha convocatoria do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, a través dos Fondos Next Generation da UE, pretende xerar solucións innovadoras co fin de facilitar proxectos de vida independente a través de tecnoloxía que permite adecuar a vivenda ás súas necesidades e outros apoios necesarios.
Na xuntanza, dende as entidades presentáronlle ao Director Xeral de Persoas con Discapacidade o proxecto e abordouse poder establecer vías de colaboración e seguimento para a implantación del Proxecto Rumbo en Galicia.
