COGAMI participa na Semana Europea da Mobilidade que o Concello de Santiago de Compostela organiza na cidade. Baixo o lema `Ponte no meu lugar´, esta xornada pretende concienciar da necesidade de construír e deseñar cidades accesibles.
Este ano, COGAMI logrou sentar nas cadeiras de rodas a voceiros dos partidos políticos con representación no Parlamento, ademais dos grupos municipais, representación da Valedora do Pobo e Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta.
Ás 12 horas, as persoas participantes concentráronse na entrada principal da estación de ferrocarril de Santiago de Compostela, lugar de inicio do roteiro que chegou ata a porta de entrada do Parlamento de Galicia, onde foron recibidas polo Presidente do Parlamento de Galicia e pola Valedora do Pobo.
As persoas participantes nesta xornada de Ponte no meu lugar, na que foron acompañados por dous voluntarios de Mos, foron:
Carmen Santos do Grupo Parlamentario de En Marea
Ana Belén Pontón do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Xoaquín María Fernández do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Marta Rodríguez do Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pablo Comeselle, adxunto da Valedor do Pobo
Ignacio Maestro, Director Xeral Mobilidade
Jorge Duarte, concelleiro mobilidade Santiago
Concepción Fernández, concelleira asuntos sociais Santiago
Goretti Sanmartín do Grupo Municipal BNG
Gonzalo Muíños do Grupo Municipal PSOE
María Corral do Grupo Municipal PP
Este ano pretendemos visibilizar a importancia de que a nova construción sexa universalmente accesible. Por isto, escollemos como exemplo a construción da estación intermodal en Santiago, unha infraestrutura na que conflúe o transporte urbano co transporte de longa distancia. Hai que lembrar que o bo funcionamento do transporte público é imprescindible para que as persoas con mobilidade reducida poidan desprazarse.