• Novas
  • 08 de septiembre de 2022

COGAMI conta cunha unidade de apoio dirixida a persoas traballadoras dos centros especiais de emprego

COGAMI conta cunha unidade de apoio dirixida a persoas traballadoras dos centros especiais de emprego

Chámase Unidade de Apoio e nace para mediar, apoiar e axudar ás persoas traballadoras dos once centros especiais de emprego que forman parte de COGAMI Empresarial, e tamén ao resto de empresas de economía social que estean interesadas en participar. É un programa que busca o benestar das persoas traballadoras mellorando o seu desempeño profesional e, polo tanto, colabora tamén no aumento da competitividade da empresa.

Este servizo gratuíto, está financiado polo Fondo Social Europeo, a través dunha convocatoria xestionada por CEPES (Confederación Empresarial Española de Economía Social) e desenvólvese dende o Servizo de Orientación e Intermediación Laboral para axudar a eliminar barreiras, obstáculos ou dificultades que se poidan atopar durante o desenvolvemento do propio posto de traballo.

Unha Psicóloga e unha Traballadora social, apoiadas pola área de emprego de COGAMI, son as dúas profesionais que se encargan de facer seguimentos a estas persoas, colaborando con elas no seu mantemento ou progreso do posto. E isto conséguese despois dunha entrevista inicial para analizar necesidades, marcar obxectivos e deseñar un itinerario personalizado que permita a evolución da persoa no seu lugar de traballo.

Esta Unidade de Apoio estará en funcionamento ata agosto de 2023 e está aberta a todos os centros especiais de emprego que queiran participar. Para calquera consulta sobre este servizo, pódese contactar coas profesionais Cristina Rega e Lorena Toba a través do teléfono 981574698.