• Novas
  • 05 de agosto de 2020

COGAMI e ACADAR, entidades presentes no congreso internacional que promove a museoloxía social

COGAMI e ACADAR, entidades presentes no congreso internacional que promove a museoloxía social


A presidenta da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), Mónica Álvarez, e a educadora de actividades do centro de recursos de Fingoi, Cristina Alonso, estiveron presentes e representando ao terceiro sector durante o proceso de creación de  MINOM- España, prestixiosa organización afiliada ao Consello Internacional de Museos e que reúne a profesionais especializados na organización de actividades culturais.

Dende MINOM o que se pretende é incitar ás institucións museísticas e aos museólogos a enfrontarse aos desafíos actuais, a xerar accións patrimoniais nas súas comunidades e a participar en debates das colectividades nas que están implicados como mediadores, actividades para as que organizan reunións e intercambios rexionais.

Neste congreso internacional, ao que asistiron tanto especialistas nacionais como foráneos, tratouse de promover a museoloxía social, unha disciplina que se encarga de potenciar a función dos museos como ferramentas para o desenvolvemento das comunidades e da transformación social, cunha meta común e de cara á unha museoloxía 4D: social, ambiental, política e economicamente sostible.