COGAMI e ACOPRÓS establecen canles de colaboración na provincia de Lugo
  • Novas
  • 07 de abril de 2021

COGAMI e ACOPRÓS establecen canles de colaboración na provincia de Lugo

As instalacións que COGAMI ten en Lugo recibiron a visita da logopeda e da orientadora laboral da Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo (ACOPRÓS), entidade que dende o ano 2014 traballa en Lugo para dar resposta ás necesidades das familias con fillas e fillos con discapacidade auditiva e demais persoas interesadas no mundo das persoas xordas.

Recibidas polas orientadoras laborais de COGAMI Begoña Rodríguez, Tania Castro e a traballadora Social, Sabela López, dende ACOPRÓS presentaron os servizos que ofrecen para establecer canais de colaboración entre as dúas organizacións e poder traballar en rede pola causa común que defenden ámbalas dúas organizacións: a inclusión das persoas con discapacidade.