• Novas
  • 17 de junio de 2022

COGAMI e as súas entidades membro participan nas xornadas de vela adaptada do RCN de Sanxenxo

COGAMI e as súas entidades membro participan nas xornadas de vela adaptada do RCN de Sanxenxo

Durante unha semana, entidades membro e centros de recursos de COGAMI participan nunhas xornadas de vela adaptada que organiza o Real Club Náutico de Sanxenxo e que realiza a área de Lecer da Confederación.

Para desenvolver esta actividade, dende a área de Lecer contan co financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF da declaración da renda que proceden de todas aquelas persoas contribuíntes que marcaron o recadro de `Actividades de interese xeral consideradas de interese social´, máis coñecido por X Solidaria.

Cada unha destas xornadas, de tres horas de duración, contan con monitores do club náutico que apoiarán ás case 200 persoas que participan neste ano nestas xornadas, todas elas usuarias das entidades e centros de: Adisbismur de Muros, Íntegro de Costa da Morte, Amarai de Arzúa e Terra de Melide, Agora de Monforte de Lemos, Acem de Compostela, Adapta de Ponteareas, A Xanela de As Pontes, Misela de Noia, Aixiña de Ourense, Asem Galicia e os centros de recursos que ten COGAMI de Monteporreiro, Mos e Medelo.

O programa establece un total de 9 quendas que contan con 20 persoas cada unha, ademais dunha quenda especial que se desenvolverá durante a fin de semana.