• Novas
  • 19 de septiembre de 2022

COGAMI e COCEMFE forman a monitoras e monitores de campamentos urbanos do Concellos de Cambre e Vigo

COGAMI e COCEMFE forman a monitoras e monitores de campamentos urbanos do Concellos de Cambre e Vigo

COGAMI e COCEMFE estiveron presentes nos campamentos urbanos que desenvolveron durante este verán os concellos de Cambre e de Vigo. Un total de 12 monitoras en Cambre e 18 en Vigo que traballaron con nenas e nenos nestes campamentos foron formadas por ambas Confederacións para especializalas na atención de menores con discapacidade.

A formación realizada forma parte dun proxecto de educación que desenvolve COGAMI a través de COCEMFE e que busca a promoción da educación inclusiva e a igualdade real de oportunidades entre as nenas e nenos con discapacidade.

Entre a formación impartida traballaron a atención á diversidade e as necesidades específicas que se puidesen atopar nos campamentos, ademais de facilitar ferramentas para levar a cabo xogos máis inclusivos.