Despois de dous anos de traballo intenso na recollida de medidas “imprescindibles” segundo EAPN Galicia, entidade da que forma parte COGAMI, ponse en marcha a Axenda Social Única de Galicia 2021-2024, asinada conxuntamente pola Xunta de Galicia, FEGAMP, e as entidades do terceiro sector representadas a través de EAPN Galicia, Cruz Vermella Galicia, Cáritas Diocesana Galicia e ONCE Galicia.
Moitas das demandas que se recollen nesta Axenda foron trasladadas a través das entidades que conforman EAPN Galicia, sendo algunhas destas educación universal e de balde para nenos e nenas de 0 a 3 anos, a Tarxeta Básica ou inserción sociolaboral ata medidas de familias monoparentais, saúde mental, loita contra burocracia, actualización da Lei de Inclusión, fenda dixital, exclusión bancaria, loita contra o chabolismo e a infravivenda, a soidade non desexada, Plan Renove de electrodomésticos, reforzo dos Servizos sociais Comunitarios violencia de xénero ou recoñecemento explícito das entidades do Terceiro Sector Social.
Esta Axenda xurde ante a evidencia dun aumento da pobreza e exclusión social en Galicia motivada pola pandemia e a falla de acceso a unha vivenda digna, axeitada e accesible. A poboación galega máis vulnerable xa se atopaba nunha situación de fraxilidade en termos económicos antes da pandemia, en especial mulleres, mozas mozos, nenos e nenas. 253.000 persoas, o 9,4% da poboación, vivía no 2020 na pobreza severa.