• Novas
  • 18 de enero de 2022

COGAMI estará presente no partido solidario entre o Club Baloncesto Breogán e o Baskonia

COGAMI estará presente no partido solidario entre o Club Baloncesto Breogán e o Baskonia

Partido solidario a favor de COGAMI. Así se anunciou nunha rolda de prensa á que asistiron o deputado de deportes, Efrén Castro, xunto ao responsable da área Social do Breogán, Salva Arco, ademais do presidente da Federación COGAMI Lugo, José Luis Lolo, acompañado do director do centro de recursos de Fingoi, Juan Gude.

O partido que se xoga o mércores, 19 de xaneiro, ás 19 horas no Pazo dos deportes de Lugo, e que enfrontará ao equipo local CB Breogán contra o Baskonia será un encontro solidario, dentro dun acordo de patrocinio que a vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co CB Breogán, que inclúe a participación de club en iniciativas que impulsan a inclusión social.

Polo tanto, o club lucense ofrecerá entradas ás persoas usuarias de COGAMI en Lugo para que poidan asistir ao partido e ao mesmo tempo, daralle visibilidade nas redes sociais ao labor que a Confederación realiza a favor da plena inclusión das persoas con discapacidade.