O servizo de Formación de COGAMI impartiu nas instalacións que a Confederación ten en Lugo un curso de Manexo de maquinaria de manutención no que se formaron un total de nove persoas, 8 homes e 1 muller dos concellos de Meira, Láncara e Lugo.
Financiado pola Fundación ONCE a través do programa Inserta Empleo, o obxectivo desta formación é a de potenciar as habilidades de inserción profesional das persoas con discapacidade mediante a cualificación e a posta ao día das súas competencias profesionais.
O curso tivo unha duración de 25 horas lectivas, teóricas e prácticas, que contou cos seguintes contidos: planificación, saúde laboral, manutención, tipos de maquinaria e partes importantes, conceptos de física, entorno de traballo, normas de manexo e resume de condución.
Tralo remate desta acción formativa, as persoas participantes saíron preparadas como profesionais de manipulación de mercadorías no correcto uso de maquinaria de manutención industrial, con garantías na seguridade, manexo e produtividade.