• Novas
  • 06 de noviembre de 2020

COGAMI forma en Pontevedra a 15 persoas con discapacidade para traballar de auxiliar de servizos

COGAMI forma en Pontevedra a 15 persoas con discapacidade para traballar de auxiliar de servizos

COGAMI inicia en Pontevedra durante este mes de novembro un curso de Auxiliar de Servizos dirixido a persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual recoñecida.

Esta formación está enmarcada no programa de inserción laboral Máis Emprego que financian Obra Social “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, coa que se pretende dotar de competencias necesarias ás persoas con discapacidade ou incapacidade laboral recoñecida para lograr o antes posible que poidan acadar a inserción no ámbito laboral.

Co fin de garantir a máxima seguridade a causa do COVID-19 entre as 15 persoas que iniciaron esta formación, o curso desenvólvese en modalidade mixta, asistindo 9 persoas presencialmente e 6 telematicamente.

O alumnado, procedente dos concellos de Pontevedra, Sanxenxo, Moaña, Ribadumia, Poio e Marín, e con idades que comprenden dende os 29 aos 60 anos, formarase durante un total de 75 horas lectivas en horario de mañá, en materias como atención ao cliente, servizos auxiliares e recepción de chamadas.

Tras rematar esta formación, poderán asistir a un seminario complementario de busca de emprego, para aprender a manexar ferramentas e técnicas orientadas aos procesos de selección de emprego e posterior inserción laboral.