• Novas
  • 20 de mayo de 2021

COGAMI forma en tarefas administrativas e competencias dixitais a través da plataforma Moodle

COGAMI forma en tarefas administrativas e competencias dixitais a través da plataforma Moodle

Un total de 15 persoas con discapacidade, todas elas apuntadas no Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL), participan nun curso de Tarefas Administrativas e Competencias Dixitais que lles imparte COGAMI a través da plataforma online Moodle.

Este curso ten por finalidade coñecer a nivel persoa usuaria o funcionamento básico dun ordenador, ademais de manexar as aplicacións ofimáticas máis comúns, a navegación por Internet e coñecer as normas de comunicación co cliente trala adquisición de competencias básicas en atención.

Cunha duración de 100 horas lectivas, das que 60 son prácticas, 38 teóricas e 2 avaliativas, o alumnado formarase en materias sobre técnicas de comunicación, escoita activa e atención telefónica, xestión e recepción de correspondencia, clasificación de documentación, realización de tarefas administrativas como cartas comerciais, IVE e documentación na xestión de compra e venda.

Esta formación xa se impartiu en A Coruña. Arestora estase desenvolvendo para persoas usuarias do servizo SIL de Lugo. No mes de xuño iniciará en Ferrol; en xullo será Ourense; a mediados de setembro será en Pontevedra; a mediados de outubro en Vigo e rematará a mediados de novembro en Santiago. Se queres formarte con COGAMI a distancia neste curso de Tarefas administrativas e competencias dixitais, contacta coa oficina que che quede máis preto.