• Novas
  • 26 de marzo de 2019

COGAMI imparte charla de prevención de lesións medulares no I.E.S. Pedro Floriani

COGAMI imparte charla de prevención de lesións medulares no  I.E.S. Pedro Floriani

Alumnado do IES Pedro Floriani de Redondela asistiu a unha charla sobre prevención de lesións medulares que impartiron a traballadora social de COGAMI, Xulia Garrido, e mailo voluntario, Iván Pombo.

Con estas charlas, o que se pretende é que a mocidade evite condutas de risco como mergullos en zonas pouco profundas, a condución de ciclomotores o bicicletas sen protección adecuada ou a velocidade excesiva, entre outras.

A Traballadora Social realizou unha explicación teórica sobre que é a lesión medular e en que consiste, mentres que a persoa voluntaria de COGAMI contou en primeira persoa como foi a súa lesión medular e como é a súa vida.