• Novas
  • 27 de agosto de 2020

COGAMI imparte curso de operador de carretilla elevadora en Santiago

COGAMI imparte curso de operador de carretilla elevadora en Santiago


COGAMI inicia en Santiago, no polígono do Tambre, un curso dirixido cara ao emprego de Operador de carretilla elevadora no que se están a formar 12 persoas.

Esta formación, que cofinancian a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, consta de 40 horas lectivas que se impartirán ata o día 4 de setembro, en horario de 9 a 14 horas, repartidas en clases teóricas e prácticas no manexo da carretilla.

O curso inicia con 12 persoas, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo, con idades comprendidas entre os 26 e os 60 anos, que proceden dos concellos de Santiago, Ames, Brión, Teo e Melide.

A maioría das persoas que forman parte do curso traballaron anteriormente en sectores diversos como hostalería, transporte, carpintería, lavandería, operario de fábrica e  construción.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 1.303 persoas inscritas na comarca de Santiago (588 mulleres e 715 homes).