COGAMI inicia un curso de Operador de carretilla que imparte na aula de formación que ten en Santiago (rúa Dublín, nº3, baixo).
Esta formación, que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, consta de 40 horas lectivas que se imparten ata o día 26 de abril, en horario de 9 a 14 horas, contemplando un único módulo que se divide en teórica e práctica.
O curso inicia con 12 persoas, 11 homes e 1 muller, que proceden dos concellos de Teo, Corcubión, Ames, Santiago e Boqueixon. O obxectivo xeral desta acción formativa é que o alumnado aprenda a conducir e manexar as carretillas elevadoras con total coñecemento e seguridade nas tarefas máis comúns.