As instalacións que COGAMI ten en Vigo acolleron dous cursos de alfabetización dixital aos que asistiron 10 persoas, 6 homes e 4 mulleres, todas elas apuntadas no Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) de COGAMI como demandantes de emprego.
Estes cursos están enmarcados dentro do programa Máis Emprego que desenvolve COGAMI na provincia de Pontevedra e que financian Fundación “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, tendo como obxectivo favorecer o acceso ao mercado laboral por vez primeira como tamén ofrece a oportunidade de realizar unha reciclaxe profesional.
En total foron 20 horas impartidas en nocións básicas no manexo de aplicacións informáticas e ás que acudiron persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual dos concellos de Vigo, O Porriño, Ponteareas e Salceda de Caselas.