• Novas
  • 21 de abril de 2022

COGAMI imparte cursos para profesorado por unha formación inclusiva e de calidade

COGAMI imparte cursos para profesorado por unha formación inclusiva e de calidade

Na aposta por unha educación inclusiva, COGAMI e COCEMFE están a promover dende o ano 2016 que os centros educativos galegos estean orientados a eliminar obstáculos e barreiras físicas e mentais, promocionando a plena participación e o máximo aproveitamento escolar do alumnado con discapacidade.

Para esta educación inclusiva, un dos piares básicos é o profesorado que traballa nos centros educativos, cara quen van destinadas accións de sensibilización e tamén formativas, co fin de proporcionarlles as ferramentas necesarias e poñer en práctica unha pedagoxía orientada a todas as persoas.

Ata o de agora, para este ano están programados 11 cursos online para docentes, 4 no mes de abril, 5 no de maio e 2 cursos en xuño. Todos son gratuítos e existe a posibilidade de poder asistir a varios destes. As temáticas varían tratando sobre Coeducación e diversidade, Prevención en acoso, Mesas de luz, Música inclusiva, Sistema de comunicación VERBO e Cultivo ecolóxico inclusivo e Estimulación multisensorial.

Este proxecto formativo que COGAMI desenvolve a través de COCEMFE é financiado co 0,7% do IRPF daquelas persoas que marcaron na declaración da renda o recadro 106 de Actividades de Interese Social e polo Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030. que consiste en promocionar a educación inclusiva e de calidade para o alumnado con discapacidade.

Ademais de formación para docentes, dende este proxecto de formación inclusiva realízanse tamén consultarías para mellorar as competencias de equipos profesionais do ensino, concienciamos e asesoramos á contorna familiar, melloramos a participación do alumnado nos centros educativos, sensibilizamos tanto á comunidade educativa como á sociedade e proporcionamos produtos de apoio e tecnolóxicos ao alumnado e familias.

Cursos para este ano son: