• Novas
  • 23 de noviembre de 2018

COGAMI imparte en Santiago un curso de auxiliar de transporte adaptado

COGAMI imparte en Santiago un curso de auxiliar de transporte adaptado


COGAMI inicia en Santiago de Compostela un curso de formación para o emprego para persoas con discapacidade de Auxiliar de transporte adaptado ED2/18 ao que asisten 12 persoas (7 homes e 5 mulleres).

Financiado pola Fundación ONCE a través de Inserta, esta acción formativa de 50 horas de duración, das que 20 horas serán prácticas, impártese en horario de 9 a 14 horas ata o 5 de decembro e está dividida nos seguintes módulos: coñecemento da discapacidade, lexislación sobre transportes colectivos e funcións do acompañante de transporte adaptado, actuación de auxiliar no transporte de persoas con discapacidade e seguridade e prevención de riscos laborais no transporte colectivo.

Todas as persoas que iniciaron este curso están inscritas no servizo PorTalento da Fundación ONCE, ademais de COGAMI. O obxectivo xeral desta formación é dotar de habilidades e competencias específicas ás persoas coa clara intención de centrarse nunha busca activa de emprego en distintos sectores, facendo especial fincapé en acompañante de persoas con mobilidade reducida.