COGAMI imparte un seminario de mellora da empregabilidade en Vilanova de Arousa
  • Novas
  • 15 de julio de 2021

COGAMI imparte un seminario de mellora da empregabilidade en Vilanova de Arousa

Servizo de Orientación e Intermediación Laboral de COGAMI en Pontevedra desenvolveu unha acción de mellora da empregabilidade no Concello de Vilanova de Arousa á que acudiron sete persoas usuarias da entidade, todas elas apuntadas  na bolsa de emprego da Organización, e procedentes de distintas zonas de O Salnés: Cambados, Vilagarcía, Vilanova, Ribadumia e Pontecesures.

Nesta xornada, de cinco horas de duración, tratouse como enfocar unha entrevista de emprego para saber afrontala con éxito, a elaboración e actualización do currículum e carta de presentación, así como as canles de busca de emprego e o autocoñecemento.

Con este tipo de accións, que forman parte do programa de inserción laboral “Más Empleo” que financia Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo (FSE), o que se pretende é que a persoa que está buscando emprego sexa coñecedora das necesidades do mercado laboral e tamén aprenda a manexar ferramentas e técnicas orientadas a procesos de selección para a súa posterior inserción laboral.