• Novas
  • 29 de diciembre de 2022

COGAMI imparte curso de competencia matemática dirixido a persoas con discapacidade de Vigo

COGAMI imparte curso de competencia matemática dirixido a persoas con discapacidade de Vigo

Un total de 12 persoas con discapacidade da comarca de Vigo, 7 homes e 5 mulleres, iniciaron un curso de Competencia Matemáticas nivel 2 que COGAMI imparte nas instalacións que ten en na cidade (rúa Teixugueiras, nº15, baixo).

Este curso denominado AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas), está cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, enmarcado no que se coñece como Competencias Clave Nivel 2, que permitirá ao alumnado que o supere poder optar a facer formación equivalente a ter cursado o graduado da ESO.

Ademais de Vigo, as 12 persoas inscritas neste curso proceden dos concellos de Redondela, O Rosal, Tomiño e Gondomar, todas teñen en posesión un certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual. Cunha duración de 138 horas, as clases impártense de luns a venres en horario de 9 a 14 horas, polo que rematarán a principios do mes de febreiro.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI.