• Novas
  • 12 de mayo de 2021

COGAMI inaugura portal de emprego na páxina web

COGAMI inaugura portal de emprego na páxina web

A área de Recursos Humanos de COGAMI usará unha nova plataforma dixital para adecuar os seus procesos de selección de persoal ás novas tecnoloxías. Para aquelas persoas que desexan traballar na Organización e facer uso deste portal, terán que darse de alta e introducir os seus datos profesionais.

Esta nova ferramenta posibilitará unha maior axilidade na contratación e selección de persoas, podendo desenvolverse profesionalmente nos servizos sociais e asistencias cos que conta a Organización, así como nos seus 11 centros de iniciativa social sen ánimo de lucro.

Na nova sección de Traballa con nós da páxina web, difundiranse tamén as ofertas de traballo do Servizo de Orientación e Intermediación Laboral (SIL) para o fomento de emprego de persoas con discapacidade.

Historias reais de persoas que lograron inserirse a través de COGAMI é outra das novidads que presenta este portal de emprego que inaugura COGAMI na súa web.