As catro federacións provinciais de COGAMI aprobaron durante o exercicio das súas asembleas anuais a entrada dunha nova entidade e de delegacións de entidades que xa formaban parte do noso movemento asociativo nalgunha provincia, formalizando deste xeito a entrada no resto das provincias galegas.
Na asemblea celebrada o pasado mes de abril pola Federación Discafis COGAMI de Ourense aprobouse o acceso das delegacións ourensás da Asociación Galega de Linfedema (AGL) e da Asociación de Transplantados de Medula Ósea (ASOTRAME).
No mes de maio, a Federación COGAMI Pontevedra aprobou a entrada da delegación de ASOTRAME nesta provincia ao igual que se lle concedeu este acceso tamén na Federación COGAMI Lugo xunto coas delegacións de AGL e da Asociación Galega de Fibrose Quística. Ademais, a asemblea lucense aprobou a nova incorporación da Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM).
Por último, no mes de xuño entrou a formar parte da Federación COGAMI Coruña a delegación de AGL, completándose as novas incorporacións na familia COGAMI. Hai outras entidades que pediron formar parte da nosa Organización e que están á espera de poder formalizar estas entradas que, probablemente, produciranse nas asembleas do vindeiro ano.