• Novas
  • 20 de diciembre de 2017

COGAMI informa a alumnado de O Porriño sobre a prevención de lesión medular

COGAMI informa a alumnado de O Porriño sobre a prevención de lesión medular


Este mércores, 20 de decembro, a partir das 10:30 horas, Xulia Garrido, a Traballadora Social de COGAMI, impartirá tres charlas de prevención de lesións medulares no IES Pino Manso de O Porriño.

Xulia Garrido irá acompañada dun voluntario de COGAMI, Iván Pombo, quen contará a súa propia experiencia como persoa lesionada medular que é, e ademais, responderá a todas as cuestións e curiosidades que lle acheguen os menores.

Esta xornada de sensibilización contará tamén cunha exposición teórica sobre as secuelas de lesión medular, como asumir e superalas ademais dunha descrición sobre as barreiras arquitectónicas e sociais que existen.

O obxectivo destas charlas é concienciar á mocidade da importancia da prevención de situacións de risco como poden ser os mergullos en zonas de perigo ou realizar manobras perigosas nunha bicicleta, monopatín ou nun ciclomotor, por exemplo.

Con estas charlas inténtase contribuír á paulatina redución dos índices de discapacidade adquirida na poboación en xeral, e entre a mocidade en particular. É unha actividade que desenvolve COGAMI e que está orientada a colexios, institutos, centros universitarios e centros laborais co obxectivo de concienciar aos grupos de risco –mocidade, deportistas, profesionais- sobre as situacións de perigo máis evidentes como poden ser os accidentes domésticos, as caídas, os mergullos en zonas perigosas e os hábitos de prevención.