• Novas
  • 23 de octubre de 2018

COGAMI informa a alumnado do IES Pedro Floriani sobre a prevención de lesión medular

COGAMI informa a alumnado do IES Pedro Floriani sobre a prevención de lesión medular


A Traballadora Social de COGAMI en Vigo, Xulia Garrido, impartiu dúas charlas de prevención de lesións medulares para alumnado de 4º da ESO do IES Pedro Floriani de Pontevedra.

Xulia Garrido foi acompañada por un voluntario de COGAMI, Iván Pombo, quen contou a súa propia experiencia como persoa lesionada medular que é, e ademais, respondeu a todas as cuestións e curiosidades que lle achegaron os menores.

Esta xornada de sensibilización contou tamén cunha exposición teórica sobre as secuelas de lesión medular, como asumir e superalas ademais dunha descrición sobre as barreiras arquitectónicas e sociais que existen.

O obxectivo destas charlas é concienciar á mocidade da importancia da prevención de situacións de risco como poden ser os mergullos en zonas de perigo ou realizar manobras perigosas nunha bicicleta, monopatín ou nun ciclomotor, por exemplo.

Con estas charlas inténtase contribuír á paulatina redución dos índices de discapacidade adquirida na poboación en xeral, e entre a mocidade en particular. É unha actividade que desenvolve COGAMI e que está orientada a colexios, institutos, centros universitarios e centros laborais co obxectivo de concienciar aos grupos de risco –mocidade, deportistas, profesionais- sobre as situacións de perigo máis evidentes como poden ser os accidentes domésticos, as caídas, os mergullos en zonas perigosas e os hábitos de prevención.