• Novas
  • 06 de febrero de 2019

COGAMI inicia curso de acompañante de transporte adaptado en Ponteareas para persoas con discapacidade

COGAMI inicia curso de acompañante de transporte adaptado en Ponteareas para persoas con discapacidade


A aula Cemit de Ponteareas (Rúa Oriente nº 12) é o lugar onde se está a impartir un curso de Acompañante de transporte adaptado que vén de iniciar a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo consta de 130 horas lectivas que se imparten ata o día 18 de marzo, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: coñecemento da discapacidade, lexislación sobre transportes colectivos e funcións do acompañante no transporte, actuación do auxiliar no transporte de persoas con discapacidade, seguridade e prevención de riscos laborais no transporte colectivo.

O curso inicia con 12 persoas, 10 mulleres e 2 homes, con idades comprendidas entre os 25 e os 45 anos, que proceden dos concellos de Ponteareas, Salvaterra de Miño, Covelo e Vigo. O obxectivo xeral desta acción formativa é coñecer

A maioría das persoas que forman parte do curso sempre traballaron nos sectores da limpeza, coidado das persoas, operarios de industria. A maioría delas teñen unha incapacidade permanente total para profesión habitual, polo que deben reciclarse e formarse para poder volver entrar no mercado laboral.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora 443 persoas inscritas na comarca de O Condado, 66 persoas na comarca de Paradanta e 3.641 na comarca de Vigo.