• Novas
  • 24 de febrero de 2023

COGAMI inicia curso de acompañante de transporte en Silleda con catorce persoas apuntadas

COGAMI inicia curso de acompañante de transporte en Silleda con catorce persoas apuntadas

Un total de 14 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual inician curso de Acompañantes de transporte na Casa da Xuventude de Silleda que lles imparte COGAMI.

Esta formación contará cunha duración de 55 horas, das cales 25 son teóricas e 30 serán prácticas en empresas das zonas de residencia habitual das persoas que se están formando, co fin de facilitar o contacto co tecido empresarial da zona de busca de emprego coa conseguinte inserción laboral.

O alumnado deste curso comprende idades de entre os 25 e os 63 anos e procede de distintos concellos da provincia de Pontevedra como Silleda, Lalín e A Estrada e tanto se están a formar para poder acceder ao mercado de traballo por primeira vez e tamén para lograr unha reciclaxe profesional.

Este curso forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que desenvolve COGAMI na provincia de Pontevedra e que financia Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo. O que pretende este programa é ofrecer oportunidades para poder acceder ao mercado de traballo por primeira vez ou para lograr a reciclaxe profesional das persoas con discapacidade de entre 18 e 65 anos.