• Novas
  • 10 de febrero de 2023

COGAMI inicia curso de alfabetización dixital en Boiro dirixido a persoas con discapacidade

COGAMI inicia curso de alfabetización dixital en Boiro dirixido a persoas con discapacidade

As instalacións da aula Cemit do centro social de Boiro, situados na rúa Principal s/n, 1º andar, acollen un curso de Alfabetización Dixital que imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).

Esta formación iniciárona un total de 8 persoas, todas elas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, procedentes dos concellos de Boiro, Ribeira e Rianxo.

Esta formación, financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través da Organización COCEMFE, da que forma parte COGAMI, enmarcada nas actuacións dirixidas á atención de adultos con NEE 2022-23, contará cun total de 85 horas lectivas que serán impartidas de luns a venres en horario de 9:00 a 14.00 horas, e nos que se abordarán módulos sobre internet, procesador de textos e folla de cálculo.

Estes cursos que desenvolve COGAMI teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral, co fin de que o alumnado acade os coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no mercado laboral.

Arestora, a bolsa de emprego de COGAMI ten inscritas un total de 693 persoas distribuídas deste xeito segundo concellos de ámbito de actuación: Rianxo 64; Boiro 132; A Pobra 62 Ribeira 132; Porto do Son 34; Noia 137; Lousame 17; Outes 35; Muros 47; Carnota 18 e Mazaricos 15.