Un total de 12 persoas con discapacidade de Ourense, 8 homes e 4 mulleres, iniciaron un curso de Competencia Matemática Nivel 2 que COGAMI imparte nas instalacións que ten na rúa Farixa, nº3, baixo.
Este curso denominado AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas), está cofinanciado pola Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, enmarcado no que se coñece como Competencias Clave Nivel 2, que permitirá ao alumnado que o supere poder optar a facer formación equivalente a ter cursado o graduado da ESO.
As 12 persoas que están neste curso, de 38 horas de duración, veñen dos concellos de Ourense, Barbadás, Toén, O Carballiño, Celanova e Coles, todas co certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual.