As instalacións que COGAMI ten en A Coruña acollen un curso de formación de Elaboración de produtos alimentarios iniciado esta mañá.
Esta formación, que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo consta de 110 horas lectivas que se imparten ata o día 13 de marzo, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: manipulación de alimentos, prevención de riscos laborais e preparación de receitas. Este último módulo impartirase no centro especial de emprego dedicado á elaboración de empanadas e bolería, Hornos Lamastelle a partir do 15 de marzo.
O curso inicia con 12 persoas, 3 mulleres e 9 homes, con idades comprendidas entre os 25 e os 45 anos, que proceden dos concellos de A Coruña e Oleiros.
A maioría das persoas que forman parte do curso sempre traballaron nos sectores da hostalería, na construción, xardinería e outras carecen de experiencia laboral. COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral.
Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora 2.461 persoas inscritas na comarca de A Coruña, sendo por concellos: Abegondo 29, Arteixo 214, Bergondo 49, Cambre 170, Carral 34, A Coruña 1.502, Culleredo 205, Oleiros 184 e Sada 74.