• Novas
  • 19 de marzo de 2018

COGAMI inicia curso de persoal de limpeza en A Coruña para persoas con discapacidade

COGAMI inicia curso de persoal de limpeza en A Coruña para persoas con discapacidade


As instalacións que COGAMI ten en A Coruña acollen un curso de Persoal de Limpeza no que se están a formar un total de 12 persoas con discapacidade, das que 5 son mulleres e 7 son homes.

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social, consta de 125 horas lectivas que se imparten ata o día 17 de abril, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: limpeza de cristais, tratamento, limpeza e mantemento de mobiliario interior e solos ademais de realización de prácticas profesionais non laborais.

O obxectivo xeral desta acción formativa é o de promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación. COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI.