• Novas
  • 27 de febrero de 2019

COGAMI inicia curso de persoal de limpeza en Ferrol

COGAMI inicia curso de persoal de limpeza en Ferrol


Nas instalacións que COGAMI ten en Ferrol (Rúa Sánchez Calviño, nº56-58) estase a impartir un curso de Persoal de limpeza no que se están a formar persoas con discapacidade.

Esta formación, que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, consta de 200 horas lectivas que se imparten ata o día 17 de abril, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: limpeza de cristais, limpeza tratamento e mantemento de mobiliario interior e solos, técnicas e procedementos de limpeza con utilización de maquinaria, ademais do módulo de prácticas profesionais non laborais.

O curso inicia con 12 persoas, 5 mulleres e 7 homes, que proceden dos concellos de Ferrol, Narón, Fene, San Sadurniño, Ares e Mugardos. O obxectivo xeral desta acción é formar en competencias cara o emprego. COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral.

A maioría das persoas que forman parte do curso sempre traballaron en sectores alleos a esta formación, como a construción ou o sector servizos, polo que deben reciclarse e formarse para poder volver entrar no mercado laboral.

Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora 2.538 persoas inscritas na comarca de Ferrolterra, sendo o 54% homes e o 46% mulleres.