• Novas
  • 16 de noviembre de 2021

COGAMI inicia curso de técnicas administrativas en Cabana Bergantiños

COGAMI inicia curso de técnicas administrativas en Cabana Bergantiños

As instalacións que ten a asociación ÍNTEGRO en Nantón (Cabana de Bergantiños) acollen un curso AFD (Accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas) de Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais.

Esta formación, que cofinancian a Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, consta de 448 horas lectivas que se imparten ata o día 1 de abril de 2022, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e está dividida nos seguintes módulos: técnicas administrativas básicas de oficina, operacións básicas de comunicación, reprodución e arquivo, prácticas profesionais non laborais, ademais das materias transversais de inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero, ademais de formación para a igualdade.

O curso inicia con 14 persoas, 4 mulleres e 10 homes, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual. Proceden dos concellos de A Laracha, Carballo, Coristanco, Vimianzo, Zas e Malpica de Bergantiños. A maioría das persoas que forman parte do curso traballaron anteriormente en sectores diversos como operario de almacén, control de accesos, limpeza, xardinería e construción.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora con 511 persoas inscritas na comarca de Bergantiños e 77 persoas inscritas na comarca de Soneira.