COGAMI ten en Ferrol (Rúa Sánchez Calviño, nº56-58) estase a impartir un curso de Xestión de Almacén no que se están a formar 12 persoas con discapacidade, 4 mulleres e 8 homes.
Esta formación, que financia a Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo consta de 160 horas lectivas que se imparten ata o día 17 de xuño, en horario de 9 a 14 horas, e está dividida nos seguintes módulos: Atención ao público e almacenaxe, informática e carretilla elevadora, ademais do módulo de prácticas profesionais non laborais.
O alumnado procede dos concellos de Ferrol, Narón e Neda. O obxectivo xeral desta acción é formar en competencias cara o emprego. COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral.
A maioría das persoas que forman parte do curso sempre traballaron en sectores alleos a esta formación, como a construción, hostalería ou o sector servizos, polo que deben reciclarse e formarse para poder volver entrar no mercado laboral.
Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI, un servizo que conta arestora 2.538 persoas inscritas na comarca de Ferrolterra, sendo o 54% homes e o 46% mulleres.