• Novas
  • 07 de marzo de 2022

COGAMI inicia en Boiro un curso de alfabetización dixital no que se forman oito persoas con discapacidade

COGAMI inicia en Boiro un curso de alfabetización dixital no que se forman oito persoas con discapacidade

As instalacións da aula Cemit do centro social do concello de Boiro acollen un curso de Alfabetización Dixital que imparte COGAMI. Esta formación iniciárona un total de 8 persoas, 6 homes e 2 mulleres, todas elas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, e procedentes dos concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Lousame.

Financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de COCEMFE e dentro das Actuacións dirixidas á atención de adultos con NEE 2021-22, a formación contará cun total de 85 horas lectivas que serán impartidas de luns a venres en horario de 9:30 a 14.00 horas, e nos que abordarán os módulos de internet, procesador de textos e folla de cálculo.

Estes cursos que desenvolve COGAMI teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral, co fin de que o alumnado acade os coñecementos e habilidades para poder inserirse canto antes no mercado laboral. Arestora, bolsa de emprego de COGAMI ten inscritas un total de 419 persoas inscritas da comarca da Barbanza, das que 274 son homes e 145 mulleres.