• Novas
  • 30 de agosto de 2017

COGAMI inicia en Lugo cursos de formación para persoas con discapacidade desempregadas ou incapacidade laboral recoñecida

COGAMI inicia en Lugo cursos de formación para persoas con discapacidade desempregadas ou incapacidade laboral recoñecida


COGAMI inicia en Lugo tres cursos aos que poderán asistir todas aquelas persoas que teñan un certificado de discapacidade e/ou incapacidade laboral recoñecida. Estes cursos van ser impartidos nas instalacións que COGAMI ten na cidade lucense (centro Fingoi, rúa da Luz, nº4).

O primeiro dos cursos programado para iniciar o 25 de setembro é de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, de nivel 2, polo que se require ter graduado en ESO ou equivalente. Contará con 488 horas de duración, que se impartirán durante a mañá, rematando a mediados de febreiro.

O segundo curso, de Operación e Gravación e Tratamento de Datos e Documentos, iniciará o 2 de outubro en horario de tarde finalizando o a mediados de febreiro e contará con 458 horas de clases presenciais.

O  terceiro curso que inicia COGAMI en Lugo é de Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais, unha formación para a que tampouco se require titulación e que se vai impartir a partir do 10 de novembro ata finais de marzo. Contará con 448 horas de clases en horario de mañá.

As persoas interesadas en formarse con nós deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.

Se queres adquirir competencias para poder traballar en xardinería, como gravador de datos ou como empregada/o administrativo, ponte en contacto coa oficina que temos en Lugo a través do correo sillugo@cogami.gal ou chamando ao teléfono 982 253 332.