COGAMI iniciou en Pontevedra un curso de Conserxe-Recepcionista no que participan 13 persoas con discapacidade ou incapacidade laboral para a profesión habitual, co fin de poder acceder ao mercado de traballo por primeira vez ou para lograr a reciclaxe profesional.
Cunha duración de 120 horas, das que 50 son teóricas e 70 son prácticas en empresas da zona de residencia habitual da persoa para facilitarlle o contacto co tecido empresarial da zona de busca de emprego, e polo tanto, colaborar na súa pronta inserción.
As persoas participantes, con idades comprendidas entre os 28 e os 55 anos, proceden, ademais de Pontevedra, dos Concellos próximos de Marín, Caldas de Reis, Portas, Catoira e Sanxenxo.
Esta formación é unha das accións que promove o programa Máis Emprego que financia Fundación “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo, co fin de ofrecer oportunidades para poder acceder ao mercado de traballo por primeira vez ou para lograr a reciclaxe profesional. COGAMI inicia este programa no ano 2017, co fin de mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade con idades comprendidas entre os 18 e os 65 anos.