• Novas
  • 15 de junio de 2020

COGAMI inicia en Pontevedra curso de limpeza en hospitais

COGAMI inicia en Pontevedra curso de limpeza en hospitais

COGAMI iniciou nas instalacións de ARA Formación de Pontevedra (rúa Nova de Arriba, 1) un curso de limpeza hospitalaria no que se están a formar 15 persoas, 10 mulleres e 5 homes.

Este curso é unha das accións que contempla o programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo, co fin de acadar a empregabilidade das persoas con certificado de discapacidade ou con incapacidade laboral para a profesión habitual.

Cunha duración de 30 horas lectivas, en horario de mañá, esta formación ten como finalidade facilitar o acceso ao mercado de traballo, tanto se é por primeira vez como para conseguir unha reciclaxe profesional para aquelas persoas que a necesiten.

O alumnado, a maioría do concello de Pontevedra e un procedente de A Estrada, con idades entre os 25 e 54 anos, asiste ás clases presenciais para ás que se lles dota de medios de protección e seguridade ante o COVID-19. Ata o 25 de xuño terán que familiarizarse e asimilar os contidos que se lles van impartir sobre as regras fundamentais de limpeza hospitalaria e os sistemas elementais no manexo adecuado de refugallos sanitarios e a súa clasificación.

Tras finalizar esta actividade do programa Máis Emprego, realizarán un seminario complementario no que aprenderán ferramentas e técnicas a empregar para a busca de emprego.