• Novas
  • 09 de junio de 2022

COGAMI inicia en Vigo curso de competencias clave dirixido a persoas con discapacidade

COGAMI inicia en Vigo curso de competencias clave dirixido a persoas con discapacidade

Un total de 10 persoas con discapacidade de Vigo, 3 homes e 7 mulleres, iniciaron un curso de Competencias clave que COGAMI está a impartir nas instalacións que ten en Vigo de luns a xoves en horario de 16 a 19 horas, contando cun total de 42 horas lectivas.

Financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través de COCEMFE, dentro das actuacións dirixidas á atención de adultos con NEE 2021-22, no curso estanse a formar 10 persoas procedentes dos concellos de Vigo, Salvaterra do Miño e Baiona, todas elas con certificado de discapacidade do 33% como mínimo ou de incapacidade laboral para a profesión habitual.

COGAMI proporciónalle ao alumnado as destrezas profesionais que lle permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo, co fin de acadar a plena participación social e laboral. Todas as persoas que iniciaron este curso estaban apuntadas no servizo de emprego que ten COGAMI.