COGAMI inicia en Vigo dous cursos aos que poderán asistir todas aquelas persoas que teñan un certificado de discapacidade e/ou incapacidade laboral recoñecida.
Os cursos iniciarán a principios de outubro, sendo un deles de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións de nivel 2 que se vai impartir nas instalacións que temos en Mos (Avda. Do Rebullón, Puxeiros) de luns a venres.
O segundo curso, de Actividades Administrativas en Relación co Cliente, tamén de nivel 2 impartirase en Vigo (rúa Teixugueiras, nº15), e contará con 800 horas de clases presenciais durante as mañás de luns a venres, rematando no mes de xuño.
Estes dous cursos son gratuítos e, ao ser de nivel 2, é necesario ter a titulación en ESO ou equivalente. Ademais, as persoas interesadas en formarse con nós deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.
Se queres adquirir competencias para poder traballar como auxiliar de xeriatría ou como empregada/o administrativo, ponte en contacto coa oficina que temos en Vigo a través do correo silvigo@cogami.gal ou chamando ao teléfono 986 281 893.