• Novas
  • 21 de septiembre de 2020

COGAMI invita a notificar as incidencias de accesibilidade durante a Semana Europea da Mobilidade

COGAMI invita a notificar as incidencias de accesibilidade durante a Semana Europea da Mobilidade

COGAMI e as súas entidades membro convidan á poboación a notificar todas as incidencias de accesibilidade que atopan no seu día a día na aplicación móbil ‘AccesibilidApp’ para conmemorar a Semana Europea da Mobilidade.

Dende o 16 e ata o 22 de setembro, COGAMI adhírese á Semana Europea de Mobilidade tendo por obxectivo promover a participación das persoas con discapacidade na loita contra o cambio climático a través da accesibilidade no transporte público e en todos os elementos que lle permitan a mobilidade plena na contorna a este grupo social.

‘AccesibilidApp’ é un aplicativo móbil deseñado por COCEMFE en colaboración coa Fundación Vodafone España, que permite a participación da cidadanía na mellora da accesibilidade nas cidades e vilas enviando incidencias detectadas nas contornas, transportes e edificacións. Está dispoñible en Android e iOS, en aberto e gratuíto,  e a ela poden sumarse tanto os concellos como as entidades que queiran colaborar en avanzar na accesibilidade universal.