• Novas
  • 20 de septiembre de 2017

COGAMI moi presente na semana da Mobilidade en Santiago

COGAMI moi presente na semana da Mobilidade en Santiago

Tés de prazo ata o venres 22 de setembro para apuntarvos e  compartir con nós unha xornada dentro da Semana Europea da Mobilidade, onde participamos xunto coas asociacións AMICO e COMPOSCLETA.
Imos realizar o domingo, 24 de setembro, de 11:30 a 13:30h. un “PASEO-XINCANA” acompañando a persoas con dificultades motoras, para reivindicar beirarrúas amplas que poidan ser utilizadas por todas as persoas.
Este percorrido será aproximadamente dunha hora e o itinerario é circular, sendo a Praza de Galicia (cafetería Derby, rúa das Orfas) o punto de saída, para continuar polas rúas Virxe da Cerca e Barrio de San Pedro. No transcurso do paseo sinalizarase cun “X” os puntos que non son accesibles.

Esta actividade é aberta a todas as persoas que queiran participar, sobre todo interesa que participen persoas con discapacidade, persoas maiores, pais e nais, pais con carriños de nenos, e tamén para os máis pequenos en bici (ata 8-10 anos) acompañados dos seus proxenitores.

Outra maneira de participar é colaborando coa organización, para que a actividade se desenvolva sen ningún problema. Se che interesa asistir, envía un correo a correo@cogami.gal indicando o teu nome na inscrición que ten que ser antes do 22 de setembro.

Vémonos.