A Universidade de A Coruña (UDC) reuniu a xuristas, avogados, notarios, persoas con discapacidade, familias e profesionais do movemento asociativo para reflexionar sobre a nova lei 8/2021 de 2 de xuño que reforma a lexislación civil e procesual para o apoio as persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.
COGAMI, xunto coas entidades ASPANAES (Asociación Autismo) e FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia) participou nestas xornadas nas que comentaron o impacto da reforma civil nas entidades. Mª Jesús Pérez e Victor Silva, profesionais da área Xurídica de COGAMI, centraron o seu discurso na importancia de manter un sistema de apoios e trasladaron as liñas de actuación claves sobre como afectará esta lei ao traballo que se realiza na entidade. Así mesmo, destacaron a importancia da formación de profesionais e dunha transmisión eficaz ás persoas con discapacidade e a súas familias sobre este novo fito, para a toma das súas propias decisións libremente, desbotando a continuación do actual sistema de incapacitacións xudiciais e restricións de dereitos.
Estas intervencións foron realizadas no curso de verán da USD sobre A familia no novo réxime de discapacidade que tivo por obxectivo dar a coñecer a transcendencia social e xurídica da Lei que reforma a lexislación civil e procesual para o apoio das persoas con discapacidade, que incorpora no ordenamento xurídico español a adaptación emanada do artigo 12 da Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade.