COGAMI é unha das organizacións convidadas a participar nas xornadas de inclusión educativa que se celebran no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela o 30 de marzo, que organiza a Consellería de Educación para profesorado de toda Galicia.
Dentro desta xornada, haberá habilitado un espazo no que se visibilizarán todas as entidades, como é o caso de COGAMI, que teñen asinados convenios de colaboración coa Consellería en competencias de materia educativa.
Profesionais da área de Formación de COGAMI e COCEMFE, estarán nun stand habilitado atendendo a todas as persoas que lles soliciten información sobre actividades e proxectos que levan a cabo nos centros educativos, como os 60 de A Coruña, Lugo e Vigo cos que colaboraron durante o ano pasado impartindo actividades de sensibilización nas que participaron 1.846 alumnas e alumnos e 208 docentes.